Saltar ao contido

27 de setembro de 202611 xogosUn novo cada día

Como xogar: Cifras

Seis números e un obxectivo. Coas catro operacións, a ver se chegas.

  1. Saen seis números e un obxectivo de tres cifras. Hai que chegar ao obxectivo combinándoos.
  2. Toca un número, toca unha operación e toca outro número: o resultado queda na mesa como un número máis, e os dous que usaches retíranse.
  3. Cada número úsase unha soa vez, e non fai falta usalos todos.
  4. Todo o que saia polo camiño ten que ser un número enteiro e maior ca cero: nada de decimais nin de restas que dean cero ou negativo.
  5. Se te equivocas de toque, desfacer devolve a última operación.

Preguntas frecuentes

Sempre se pode chegar ao número exacto?
Si. O obxectivo non se sortea ao chou e logo se comproba: sae de calcular todo o que eses seis números poden dar, así que hai solución seguro. E se te rendes, ensinámoscha.
Este cambia cada día?
Non. Xógase cando che apeteza e as veces que queiras; o que se garda é a túa mellor racha de roldas seguidas, non unha racha diaria.
Por que non me deixa multiplicar por un?
Porque non cambia o número e só serve para gastar unha ficha. O mesmo con dividir entre un. O resto das catro operacións vale, sempre que o resultado sexa enteiro e positivo.
De onde saen os seis números?
Como no xogo de toda a vida: ata dous grandes (25, 50, 75 ou 100) e o resto pequenos do 1 ao 10, que poden repetirse.

Xogar