Recursos de promoción
Banners listos para poñer en calquera web, co código para pegalos. Non levan marca nin nome de medio dentro, así que a mesma peza vale para calquera cabeceira: o único que cambia é a onde ligan.
Cambia este enderezo polo da túa sección e o código de abaixo actualízase só. As imaxes sérvense desde minijuegosweb.com, así que non hai que subir nada.
Serven para calquera medio e para calquera plan: non din cantos xogos hai nin nomean ningún, así que non quedan vellos cando a sección cambia. Se só vas poñer un banner, é este.
Cada xogo, nos mesmos oito formatos. Pega só os dos xogos que teña a túa sección: un banner de Sete letras nun medio que non o leva é un lector que preme e non o atopa.
Memorión8 formatos
Sudoku8 formatos
Como se usa
Copia o código e pégao onde vaia o banner: nun widget de HTML, nun modelo ou no xestor de publicidade. Se o teu xestor só admite subir unha imaxe, descarga o PNG e usa o enderezo da túa sección como ligazón.
Que versión coller. O PNG normal vale para todo. O @2x vese máis nítido en móbiles e pantallas Retina, e o código de arriba xa o pide cando fai falta; as pezas grandes non o levan porque a ese tamaño non arranxa nada. O SVG é a fonte: non se pixela a ningún tamaño, pero algúns xestores de publicidade non o aceptan.
Que formato poñer. Se é unha columna, o rectángulo de 300×250. Se é unha tira de cabeceira, o leaderboard de 728×90, e o billboard de 970×250 cando hai sitio de verdade. No móbil, a banda de 320×100. A peza de 1200×630 non é un banner: é a imaxe que sae ao compartir a sección nas redes.