Saltar ao contido

27 de setembro de 202611 xogosUn novo cada día

Como xogar: Conecta catro

Catro en raia contra a máquina. Empezas ti, que para algo é a túa casa.

  1. Toca unha columna e a túa ficha cae ata abaixo de todo. Con teclado, móvete coas frechas e sóltaa con Intro.
  2. Gaña quen xunte catro fichas seguidas en horizontal, en vertical ou en diagonal.
  3. Empezas sempre ti. Despois responde a máquina.
  4. As túas fichas van cheas e as da máquina son un anel, así que se distinguen sen depender da cor.
  5. Se o taboleiro se enche sen que ninguén aliñe catro, é empate.

Preguntas frecuentes

Este cambia cada día?
Non. Xógase cando che apeteza e as veces que queiras: o que se garda é o marcador de partidas gañadas, perdidas e empatadas, non unha racha diaria.
Por que empezo sempre eu?
Porque o catro en raia está resolto e quen sae ten vantaxe. Se saíse a máquina, gañaría demasiado a miúdo e o xogo deixaría de apetecer.
Pódese gañar á máquina?
Si, e diso se trata. Mira cinco xogadas por diante, así que nunca deixa un catro en raia nin che regala o seu, pero pódenselle tender trampas a dúas bandas.
Xoga sempre igual?
Non. Cando varias xogadas lle parecen igual de boas elixe entre elas ao chou, así que a mesma apertura non leva sempre á mesma partida.

Xogar